A empresa

Servitec Medioambiente
Servitec Medioambiente

Servitec Medioambiente é unha empresa de enxeñería especializada na realización dunha ampla tipoloxía de servizos, obras e proxectos de carácter forestal, ambiental e civil, desenvolvendo a súa actividade no ámbito do Medio Rural e Natural, dentro do territorio Nacional e Internacional.

Nace en 1997 como resultado da asociación dun grupo de profesionais cunha dilatada experiencia no campo da Enxeñería e da Xestión Integral Sostible, que xuntan esforzos no seu empeño por mellorar e progresar, cimentando todos os seus logros baixo máximas como o respecto ao medio ambiente e o traballo ben feito.

O seu crecemento durante a década dos 90 fundamentouse na creación de estruturas produtivas estables na súa zona de actuación e na diversificación dos servizos ofrecidos.

Unha traxectoria de máis de 15 anos de experiencia avala o compromiso adquirido pola empresa na prestación de servizos que cumpran con excelencia e calidade as necesidades dos seus clientes, protexendo a vida, a integridade e a saúde dos nosos traballadores e colaboradores, con respecto, conservación e defensa do medio ambiente.

Na actualidade Servitec Medioambiente converteuse nunha empresa moderna, versátil, dinámica e consolidada, capaz de ofrecer unha gran variedade de servizos de xeito integral en todos os campos da súa actividade, sendo unha das empresas líderes no sector forestal e ambiental.

Esta evolución, sólida e segura, permitiulle reunir un amplo equipo humano con carácter multidisciplinar, formado por especialistas en diversos campos da enxeñería, o deseño e a execución de obras, constituíndo xunto á súa extensa experiencia un dos principais activos da empresa.

Este equipo de profesionais compleméntase cos medios técnicos necesarios que a empresa pon ao servizo do desenvolvemento das súas actividades, completando así un conxunto de Recursos Propios que dotan a Servitec Medioambiente de autonomía, independencia e estabilidade, materializando estes valores en Solucións Integrais que alcancen a satisfacer as necesidades dos seus clientes.

Como eixo do seu desenvolvemento Servitec Medioambiente ten implementado para a súa actividade un Sistema Integrado de Xestión de Calidade, Medio Ambiente e Prevención de Riscos Laborais, certificado mediante as normas ISO 9001:2015, ISO 14001:2015 e ISO 45001:2018, respectivamente.