Misión, Visión e Valores

Misión

A nosa misión é ser referencia no campo da enxeñería forestal, ambiental e civil contribuíndo activamente ao benestar social, ao desenvolvemento sostible e ao respecto ao medio ambiente.

Visión

A nosa visión inspírase en alcanzar as seguintes metas:

msv01

Progresar e mellorar día a día no camiño elixido, avanzando de forma responsable e eficiente, mantendo os nosos compromisos coa calidade, o medio ambiente e a seguridade e saúde de empregados e colaboradores.

Consolidarse como empresa nacional e potenciar o desenvolvemento internacional, centrándose na implantación en países en vías de desenvolvemento, promovendo mecanismos de crecemento limpos e sostibles.

A busca de novos mercados e servizos que ofrecer, apostando polo mantemento dun crecemento sostido e a diversificación dos nosos produtos.

Valores

Compromiso e ética profesional. Facemos do noso compromiso a mellor garantía. Asesoramos con honestidade, buscando o criterio obxectivo. Baseamos a confianza cos nosos clientes e provedores na lealdade e a integridade moral. Compromiso de actuar de xeito íntegro, honesto e transparente dende o equipo directivo ata o nivel máis operativo da organización.

Solidez. Somos unha empresa sólida e de confianza. Cremos no crecemento sostido, ben cimentado, baseado na estabilidade das nosas estruturas produtivas, o benestar dos nosos traballadores e a garantía e eficacia dos nosos servizos.

msv02

Responsabilidade corporativa. Como empresa, entendemos a nosa responsabilidade social co medio en que vivimos e traballamos, e cos diferentes axentes e grupos sociais cos que interactuar a diario, xa sexan empregados, clientes, colaboradores ou outras persoas ao alcance das nosas actividades.

Buscamos en todo momento un beneficio sostido e a longo prazo, tratando de transmitir unha conciencia de empresa que aplique día a día os nosos valores corporativos, establecendo estándares de calidade, de prevención de riscos laborais e de xestión ambiental que evidencien o noso compromiso social.

Unha xestión empresarial responsable para unha mellora social, económica e ambiental.

Valor humano. Cremos no que facemos, por iso ofrecemos o mellor. Apostamos por profesionais con valores, responsables, que se implican e participan no desenvolvemento da empresa e na consecución das súas metas. Fomentamos a súa formación continua, o traballo en equipo e a conciliación persoal e profesional. Coidamos o valor humano, o noso mellor activo.

msv03

Medio ambiente. Estamos comprometidos coa conservación do medio ambiente, fomentando o uso racional e sostible dos recursos naturais, procurando o control e a minimización de consumos, residuos, emisións e vertidos, e integrando ambientalmente todas as nosas obras para minimizar posibles impactos.

Coa certificación do noso Sistema de Xestión Ambiental segundo ISO 14001:2004 traballamos pola sostibilidade.

Prevención. Velamos pola Seguridade e Saúde dos nosos traballadores. Establecemos procedementos exhaustivos que aplicamos con rigor, empregando medidas preventivas que eliminen ou minimicen riscos, combatendo activamente os accidentes laborais.

Apostamos pola Seguridade: Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde Laboral homologado segundo OHSAS 18001:2007.

Excelencia. Buscamos a excelencia como meta de realización profesional e de satisfacción plena nos nosos clientes, coñecendo a importancia do esforzo por mellorar cada día. Encontrar a mellor solución é o único resultado. Pola calidade: Sistema de Xestión de Calidade certificado segundo ISO 9001:2008.