Seguridade e Saúde no Traballo

Interior Seguridad 1Na súa preocupación pola seguridade e a saúde dos traballadores, a empresa implantou un sistema de xestión da saúde e a seguridade que fomenta os ámbitos de traballo seguros e saudables ao ofrecer un marco que permite á organización identificar e controlar coherentemente os seus riscos de saúde e seguridade, reducir o potencial de accidentes, apoiar o cumprimento das leis e mellorar o rendemento en xeral.

Aplícase con este fin o sistema OHSAS 18001:2007, como Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo.

Desta forma asegurámonos de que calquera traballo que realice a empresa se levará a cabo coas mellores garantías preventivas e de seguridade existentes, e de que os equipos empregados, tanto de protección individual ou colectiva coma de traballo, cumpren con todas as medidas necesarias, e de que o persoal dispón da suficiente experiencia e formación para o seu emprego.

valores_rec_1

Dada a importancia que a empresa outorga ás medidas adoptadas para a prevención de accidentes laborais e enfermidades profesionais, Servitec Medioambiente complementa o sistema implantado buscando apoio en persoal especializado, por medio dun servizo de prevención alleo que se ocupa principalmente da avaliación e identificación de riscos, ademais de levar a cabo a vixilancia da saúde dos nosos traballadores, por medio dos correspondentes recoñecementos médicos periódicos.

senales-seguridad
O sistema de xestión da saúde e a seguridade é revisado e posto a punto a través da entidade certificadora BM TRADA Certification, acreditada mediante UKAS.

ohsas_18001_2007Ver certificado en Seguridade e Saúde no Traballo