Garantía de calidade e satisfacción

RSC_calidad_intServitec Medioambiente, no seu compromiso por garantir a plena satisfacción dos seus clientes, establece que a execución de todos os seus traballos debe ser supervisada de tal forma que se consigan os máis altos estándares de calidade.

Con este fin aplícase un sistema de Xestión da Calidade, certificado de acordo coa norma UNE-EN-ISO-9001:2008.

RSC_codigo

Este compromiso supón a aplicación dun estrito control en calquera proceso que integra a nosa Empresa, dende o primeiro contacto cos nosos clientes, pasando pola elaboración de ofertas, os procesos administrativos, a enxeñería e o deseño ou o control de produción, ata alcanzar o fin de obra ou servizo, o que nos asegura un produto conforme ás esixencias dos nosos clientes e a normativa establecida.

iso_9001_2004A mellora continua neste sistema de xestión lévase a cabo mediante a certificación e mantemento da entidade certificadora BM TRADA Certification, acreditada mediante UKAS.

Ver certificado en Xestión de Calidade