BM TRADA certifica segundo norma OHSAS 18001:2007 o Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo que SERVITEC aplica a toda a súa actividade empresarial.

2 Xullo, 2013

Noticia 2_Motoserrista

Tras un laborioso proceso de auditoría levada a cabo en dúas fases durante tres meses, a empresa BM TRADA Certification certificou segundo norma OHSAS 18001:2007 o Sistema de Xestión da Seguridade e Saúde no Traballo, que Servitec Medioambiente aplica a toda a súa actividade empresarial.

BM TRADA Certification é unha das entidades de certificación máis importantes no Reino Unido, con representación en todo o mundo, acumulando máis de 30 anos de experiencia. As auditorías executadas por esta empresa, líder no sector da certificación, como terceira parte independente, minimizan o risco de posibles accidentes e achegan evidentes vantaxes e beneficios para as empresas auditadas.

Nunha primeira fase da auditoría, levouse a cabo a análise de toda a documentación do sistema, ademais dos diferentes procesos inherentes á actividade da organización, mantendo as conversacións pertinentes co persoal da organización e Directivos para estimar o grao de preparación que ten a estrutura para afrontar a fase seguinte da auditoría.

Na segunda fase, a empresa certificadora visitou as diferentes instalacións de Servitec Medioambiente, procedendo a unha nova revisión documental, análise de procesos, identificación de perigos, avaliación de riscos e determinación de controis in situ, buscando en todo momento evidencias da conformidade con todos os requirimentos da norma obxecto de auditoría.

Servitec Medioambiente demostra a súa preocupación pola seguridade e a saúde dos seus traballadores implantado un Sistema de Xestión da Saúde e a Seguridade a través das normas OHSAS 18001, sendo uns dos estándares máis recoñecidos neste ámbito. Estas normas pretenden, a través dunha xestión sistemática e estruturada, asegurar a mellora da saúde e seguridade no lugar de traballo.

Conséguese así fomentar os ámbitos de traballo seguros e saudables ao ofrecer un marco que permite á organización identificar e controlar coherentemente os seus riscos de saúde e seguridade, reducir o potencial de accidentes, apoiar o cumprimento das leis e mellorar o rendemento en xeral.