Líñas de actividade

Área Forestal

valores_rec_1
Servitec Medioambiente

Dende os seus comezos, Servitec Medioambiente creu no valor dos recursos que o bosque e o medio rural ofrecen, propoñendo aos seus clientes un modelo de xestión integral e sostible.
Este modelo aplícase actuando nas diferentes fases do ciclo produtivo do monte, dende a creación da masa forestal ata o seu aproveitamento, pasando polos coidados necesarios para a súa posta en valor e as medidas de defensa axeitadas que permitan garantir os investimentos.

Área Medioambiental

valores_rec_1
Servitec Medioambiente

O respecto ao medio ambiente e a integración coa paisaxe forman parte das directrices que Servitec Medioambiente aplica en todas as súas actividades.
Este referente convértese noutra das áreas de actividade da empresa, desenvolvido nun conxunto de actividades cuxo fin último é contribuír á preservación do medio ambiente e a conservación dos seus recursos.

Área Civil

valores_rec_1
Servitec Medioambiente

Na súa busca de solucións integrais que satisfagan as necesidades dos seus clientes, Servitec Medioambiente desenvolveu un departamento dedicado e especializado no ámbito da enxeñería civil.
Para iso a empresa dispón dun equipo multidisciplinar, formado por enxeñeiros de camiños e de montes, encargados de obra civil e persoal de obra con ampla experiencia nesta clase de traballos.

Mantemento de Infraestructuras

valores_rec_1
Servitec Medioambiente

O coñecemento sobre o terreo e a experiencia en actividades desenvolvidas en ámbitos naturais e vías de transporte permiten a Servitec Medioambiente optimizar o resultado obtido en traballos de limpeza, mellora e conservación de infraestruturas de tipo lineal.

Consultoría e Proxectos

valores_rec_1
Servitec Medioambiente

O equipo técnico de Servitec Medioambiente conta con profesionais con ampla experiencia en asesoría e redacción de proxectos nos ámbitos forestal, ambiental e obra civil.
O carácter multidisciplinar do equipo permite atender as demandas dos diferentes tipos de proxectos e obras, recoñecendo de forma específica os distintos aspectos de cada proxecto e ofrecendo solucións integrais a cada necesidade.