

- Roza e preparación do terreo (mecanizado e/ou manual)
- Plantación con frondosas
- Plantación con coníferas
- Reposición de marras
- Melloras de densidade
- Axudas á rexeneración
- Creación de pasteiros e sistemas silvopastorais
- Entre outros…
Servitec Medioambiente leva a cabo a execución de plantacións con carácter protector e produtor, implantando masas formadas por unha ampla variedade de especies de frondosas ou coníferas en terreos con diferentes graos de dificultade, apoiándose sempre no asesoramento do seu equipo técnico para a obtención dos mellores resultados nesta primeira fase do ciclo produtivo.


- Rozas de eliminación de competencia
- Desmestas
- Rareos
- Podas de produción
- Podas e talles de formación e frutificación
- Podas ornamentais
- Selección de brotes
- Eliminación de restos
- Entre outros…
A experiencia acumulada por Servitec Medioambiente, coas súas máis de 35.000 ha en tratamentos silvícolas de diferente tipoloxía, permite ofrecer garantías na execución de actuacións de mellora silvícola.


- Labores de vixilancia, prevención e extinción de incendios
- Apertura e mellora de devasas
- Depósitos, puntos de auga e infraestruturas para extinción de incendios
- Roza e xestión de biomasa
- Faixas auxiliares de prevención de incendios
- Cerramentos perimetrais
- Tratamentos fitosanitarios
- Entre outros…
Servitec Medioambiente conta con recursos propios para a execución de actuacións de defensa do monte e prevención de incendios forestais. Posúe ademais unha importante experiencia en materia de coordinación e loxística en resposta ante a aparición de focos e a propagación de incendios.


- Tala, saca e amoreado
- Inventario e cubicación de madeira
- Aproveitamento enerxético de biomasa
- Clasificación de madeira
- Apertura vias de saca
- Entre outros…
Como punto final do ciclo produtivo, Servitec Medioambiente facilita aos seus clientes a materialización do valor xerado, xestionando o aproveitamento do recurso forestal.