Despois de dous anos de adhesión, Servitec Medioambiente renova un ano máis o seu compromiso coas iniciativas do Pacto Mundial e Caring for climate

2 Xullo, 2015

Logo_pacto_mundial
Despois de dous anos de adhesión, Servitec Medioambiente renova un ano máis o seu compromiso coas iniciativas do Pacto Mundial e Caring for climate.
Estas dúas iniciativas de carácter internacional buscan o compromiso de empresas e organizacións cunha serie de principios e dereitos universalmente recoñecidos e aceptados.
O Pacto Mundial das Nacións unidas (Global Compact) promove a implantación de 10 principios pertencentes ás áreas de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción nas actividades e a estratexia de negocio das empresas.
A iniciativa “Caring for Climate”, por outra banda, está xestionada polo Pacto Mundial e o Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente, e destínase a promover o papel das empresas na loita contra o cambio climático.
A permanencia de empresas e organismos en ambas as iniciativas pasa pola firma de senllos compromisos de adhesión aos seus respectivos principios, metas e obxectivos, e pola elaboración dunha serie de informes anuais nos que se detallan, como mínimo, as políticas e medidas adoptadas para o cumprimento dos compromisos adquiridos, os resultados obtidos durante o período que alcanza o informe e os obxectivos expostos para o futuro.
Estos informes de progreso permiten levar a cabo un seguemento do avance dos signatarios na consecución das metas plantexadas polas iniciativas.
Servitec Medioambiente, como referencia pública o apoio destas iniciativas, difunde estes informes na presente web, a través dos links situados o final desta noticia-
Informe Progreso (COP) del Pacto mundial
Informe de Progreso (COP) Caring for climate